EXPERIMENTO EN E.F. SOBRE A FORZA DA GRAVIDADE E OS DIFERENTES
TAMAÑOS E PESOS DOS OBXECTOS.
TAMAÑOS E PESOS DOS OBXECTOS.
SESIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA: LANZAR E RECIBIR.
ACTIVIDADES:
- Quecemento experimentando o manexo de diferentes obxectos.
- Xogo: Achicar obxectos. Fórmanse dous equipos e ao sinal hai que lanzar os obxectos ao campo contrario. Cando remata o tempo cóntase o número de obxectos que hai en cada campo.
- Xogo cooperativo: Ordear obxectos de menor a maior tamaño. Ordenan os diferentes obxectos de menor a maior e os manipulan para familiarizarse co peso de cada un.
- Lanzamentos e recepcións en parellas. Durante un minuto cada parella lanza e recibe cun obxecto. Ao minuto intercambian os obxectos. Se lles pregunta cal lles resulta mais doado de manexar e por que.
- Experimento dende bancos suecos. Que obxecto chega antes ao chan? Subidos nos bancos suecos comprobamos que obxecto chega antes ao chan.
- Experimento dende o plinto: Que obxecto chega antes ao chan? Subidos ao plinto intentamos adiviñar que obxecto chegará antes ao chan. Despois o comprobamos.
- Experimento dende espaldeira: Que obxecto chega antes ao chan? Subidos ao mais alto das espaldeiras deixamos caer os diferentes obxectos ao chan. Observamos cal chega antes e intentamos averiguar o porque.
No hay comentarios:
Publicar un comentario