martes, 12 de junio de 2018

Experimentamos en Barosa

O pasado martes 5 de xuño, as nenas e nenos de Educación Infantil fixemos unha saída á Muiñada de Barosa que aproveitamos moitísimo, aínda que o tempo non nos acompañou e non puidemos facer a saída programada de estar ao aire libre e disfrutar da zona... pasámolo moi ben!!!!

Experimentamos cos ingredintes, fixemos pan de diferentes formas... e ademais aproveitamos para traballar o sensorial con diferentes tipos de fariña... 

Compartimos con vós a experiencia!!! O vídeo é algo longo, pero é para que sexa como se estivésedes con nós!!


lunes, 11 de junio de 2018

Obradoiro de papel reciclado.

O alumnado de 4º de Educación Primaria xunto co alumnado de Ed. Infantil celebraron o Día Mundial do medio ambiente facendo papel reciclado.
Nas primeiras sesións a finais de maio o alumnado de 4º aprendeu todo o proceso de preparación e elaboración no laboratorio coa axudas dos seus titores.
Na terceira sesión foron as aulas de Ed. Infantil a ensinar o aprendido aos máis pequenos do cole.

Como tarefa final o alumnado de 4º aproveitou o papel reciclado para facer uns bonitos cadros con follas que recolleran no Outono.


domingo, 10 de junio de 2018

Pintar con xeos: a arte máis refrescante

Aquí tedes a razón de que os vosos fillos e fillas apareceran pola casa coas mans verdes... e co corazón cheo de alegría!

Máis alá da experiencia artística, esta experiencia tivo unha sensación sensorial engadida: o frío. E, ademais, traballamos cores, creatividade e estimulación sensorial.


martes, 8 de mayo de 2018

TALLER MULTISENSORIAL: pintamos con leite

Sabedes que se pode pintar con leite? Neste experimento no taller multisensorial engadimos colorante e, despois, deterxente cun bastonciño... para, ao final, poñer enriba unha cartolina branca... e a crear! Pasámolo xenial!


E... aquí tedes os resultados!



TALLER MULTISENSORIAL: creamos serpes de xabón

No taller multisensorial e de estimulación da linguaxe oral estamos a traballar o sopro... e que mellor maneira de facelo xogando a crear serpes de xabón? Ollade que ben o pasan con este experimento as nenas e nenos da nosa aula grazas ao traballo da profe Elena!



miércoles, 25 de abril de 2018

STEMlab Galicia


O noso centro ven de participar no STEMlab Galicia, presentando o traballo realizado coa Raspberry Pi e o proxecto de Experimento VI: Ciencia e Tecnoloxía.






 Catro alumnos e alumnas foros os encargados de explicar a todo aquel que se interesase en qué consistía o noso traballo.











Unha experiencia das que non se esquecen facilmente, os nosos compañeiros tiveron a oportunidade de explicarlle a Pedro Duque en persoa o que expoñíamos no stand.


Otra experiencia xenial foi que a explicación se traducise a Língua de Signos. Falar deixando os espazos necesarios para intérprete foi un aprendizaxe interesante.




Traémosvos o Time Lapse realizado no evento coa nosa Raspberry Pi.















martes, 24 de abril de 2018

TALLER MULTISENSORIAL: descubrimos a neve!!


Os nenos e nenas de Educación Infantil de catro e cinco anos descubren a neve no Taller Multisensorial. Utilizan bicarbonato, auga e un chisco de purpurina prateada.
Primeiro botan o bicarbonato e exploran o seu tacto (morno e suave), despois engaden un pouco de auga moi fría e MAXIA!!! enfríase e a súa textura cambia convertíndose en auténtica neve. Ao final engaden a purpurina para que brille.
Unha vez feita xogan con ela libremente descubrindo moitas posibilidades: facendo bonecos de neve, castelos, pegadas das súas mans e dos coches de xoguete. Inventan historias e  o mellor de todo é que aprenden xogando . Traballamos relaxación, atención, creatividade, expresión oral, psicomotricidade fina, traballo cooperativo,....
Que ben o pasaron!!!!!



martes, 10 de abril de 2018

Experimentos e inventos en EF

Experimentos e inventos en EF: Carreiras de coches.

Sesión para traballar as fases da respiración e o soplo en 1º e 2º de Educación Primaria.

ACTIVIDADES:
1ª Inflar globos.
2ª Soltar os globos inflados para estudar os seus movementos e velocidades.
3º Inflar globos sellados a unha palla.
4º Soltar os globos coa palla e comparar a velocidade coa que se moven.
5º Inflar globo sellado á palla e pegado a un coche de xoguete.

6º Carreiras de coches. Pensar cal vai chegar máis lonxe e por que.

jueves, 5 de abril de 2018

Experimentamos con Hervé Tullet - Aula 3 anos

As nenas e nenos da aula de 4º de EI estivemos a experimentar cun dos libros do autor Hervé Tullet: "Un libro" e... Xa está aquí o resultado final de tanto esforzo... Ademais do conto que cada nena e neno levou para a súa casa (como unha adaptación do orixinal) para seguir disfrutando coas familias... creamos un audiolibro! Para que todo o mundo vexa o xenial que quedou a nosa versión do conto... e poida xogar con nós! 

Esperamos que vos guste!! 


Experimentando coa luz branca

Os alumnos e alumnas de 4º realizamos un experimento para intentar descompoñer a luz branca nas sete cores do arco da vella.
Uff!! Non foi doado, pero nalgunhas ocasións conseguímolo.
Logo construímos un disco Newton para tratar de obter luz branca a partires das cores do arco da vella.
Pasámolo xenial xirando o disco!!!
E xirando e xirando... CONSEGUIMOS A LUZ BRANCA.