Peche de proxecto de aula.
Xérmenes. Non podemos vivir con eles, pero ¿sen eles tampouco? chega ao seu fin. Nos seguinte videos os nenos e nenas fan públicas as respostas obtidas nas investigacións realizadas.
O alumnado de terceiro informa sobre o resultado do experimento levado a cabo no laboratorio sobre o cultivo de bacterias.
Os equipos cooperativos trasladan a información nun vídeo.
Time Lapse con Raspberry
O alumnado de terceiro experimentamos coas sementes facéndoas xerminar. Raspberry, aprendizaxe cooperativa, experimentos e ciencias naturais.
Aquí vos deixamos o resultado, con sorpresa final...recordades que hai pouco houbo tormenta?
Os alumnos/as de 3ºA, realizaron un experimento de observación. Logo contáronllo aos nenos e nenas de 3ºB, que tentaron reproducilo.
Agora vos deixamos a explicación por si queredes intentalo na casa. Ánimo pataqueiros.
Os nenos e nenas de terceiro tivemos a sorte de contar con David, un experto Enfermeiro e Técnico de Laboratorio.
Con el estivemos a falar das cousas que descubrimos nas nosas investigación sobre xérmenes, e axudounos a entender moitas delas. Respondeu gustosamente as nosas preguntas, e solucionou dúbidas sobre o que queríamos saber.


Explicounos as condicións que se tiñan que dar para un óptimo cultivo de bacterias, a toma da mostra, o seu traslado perfectamente aillado, o sembrado, e a reacción das mesmas ante un antibiótico.
Unha das nosas preguntas era de que se alimentaban, e mostrounos a través aun experimento que lles gusta moito moito o azucre.
CULTIVO DE BACTERIAS EN TERCEIRO
Con xelatina neutra, un dado de caldo, auga e un recipiente transparente, intentamos recrear un hábitat idóneo para reproducir xérmenes e poder estudalos.
Coas instruccións seguimos todos os pasos da primeira parte do proceso. E fomos respondendo a algunhas cuestións durante o mesmo.
Despois da fin de semana poderemos continuar e esperamos contarvos os adiantos.
Xérmenes. Non podemos vivir con eles, pero, sen eles tampouco?
Arrancamos este novo proxecto refletindo o que sabemos e o que queremos saber a través de actividades realizadas en cooperativo.



E a través da experimentación ir dando resposta ás nosas cuestións.
Traballamos diferentes textos, tanto a parte de gramática como a súa compresión.


Despois de investigar sobre a orixe luar, elaboramos un Stop Motion para explicar unha das teorías.
O que sí vos contamos xa é o abraiados que quedamos ao saber como se facía.

Sombras na Lúa.
Unhas veces investigamos, pero outras as profes emociónanse tanto explicando, que as deixamos.


pero dunha lúa que sabe a Oreo





E mais tarde un video que evidencia que xa estivemos ali.
"Un pequeno paso para o home, un gran salto para a humanidade"
Xa sabemos a que sabe a Lúa, pero...de onde saíu?
Os nenos e nenas de terceiro teñen un reto moi importante por diante. Hoxe tiveron a primeira toma de contacto co mundo lunar. Como actividade de motivación xuntáronse para escoitar o conto de "A que sabe a Lúa". De aquí xurdiron as primeiras preguntas e entre elas "cal é a sua orixe?"
Comeza a investigación!

No hay comentarios:
Publicar un comentario