jueves, 15 de febrero de 2018

Coa axuda dun experto

Os nenos e nenas de terceiro tivemos a sorte de contar con David, un experto Enfermeiro e Técnico de Laboratorio.
  



Con el estivemos a falar das cousas que descubrimos nas nosas investigación sobre xérmenes, e axudounos a entender moitas delas. Respondeu gustosamente as nosas preguntas, e solucionou dúbidas sobre o que queríamos saber.




Trouxonos mostras, coas que, a través de microscopios puidemos ver compoñentes do sangue, e algunha que outra bacteria.






 Explicounos as condicións que se tiñan que dar para un óptimo cultivo de bacterias, a toma da mostra, o seu traslado perfectamente aillado, o sembrado, e a reacción das mesmas ante un antibiótico.







Unha das nosas preguntas era de que se alimentaban, e mostrounos a través aun experimento que lles gusta moito moito o azucre.






No hay comentarios:

Publicar un comentario