domingo, 3 de diciembre de 2017

Robotiños VI

E o inverno tróuxonos un novo experimento! 

En Educación Infantil fixemos un novo experimento para seguir co proxecto, ademais de comezar xa en tódolos cursos coa investigación dos inventos!

Chamámoslle chuvia de cores... E veredes que é moi bonito! A ver o vídeo! :)


No mes de novembro, aproveitando todo o traballado no Samaín, animámosnos a facer un experimento que semellaba unha pócema máxica... Xa veredes!

Para facelo necesitamos:

- Vinagre
- Colorante alimentario
- Deterxente
- Bicarbonato

O resultado é moi chamativo, e non hai máis que ver o vídeo para ver a expectación e ilusión que causou nos nosos alumnos e alumnas!!

A reacción química que provoca a mestura destes elementos crea unha escuma que, ao botarlle colorante, ten cores moi vivas creando un resultado máxico!

Mirade, mirade!




O día 6 de outubro no centro deuse o "pistoletazo de saída" do proxecto Experimentos VI: ciencia e tecnoloxía, que se está a levar a cabo este curso. Nós, para comezar na formulación de hipóteses e na experimentación, decidimos levar a cabo este experimento con todo o alumnado de Educación Infantil. 
Só necesitamos:


- Un recipiente
- Auga
- Unha mandarina con pel
- Unha mandarina sen pel


Despois de facer as nosas hipóteses e previsións nas asembleas nas nosas respectivas aulas, creamos e enchimos as fichas do experimento co que necesitabamos, as nosas ideas... e, despois de facelo, o que observamos tras os resultados.


Sabedes porque a mandarina con pel flota e a que non ten afúndese? Porque entre a mandarina e a pel, queda unha cámara de aire que fai que a mandarina flote, como se fose un flotador. Ademais, a mandarina cando non ten pel, énchese de auga (por ser porosa) e pesa máis, polo que baixa ao fondo do recipiente.


Animámosvos a probalo na casa! Ás nenas e nenos de infantil encantoulles!




Os nenos e nenas de 4 anos xa estamos metidos de cheo no proxecto do cole!
Temos unha mascota á que houbo que poñerlle nome, que duro traballo...ao final gañou ROBOCUQUI!
Tamén saíu a maleta viaxeira cara as casas e vimos que Hugo fixo moi bo traballo. E por último, que é a ciencia sen experimentar? Pois vos deixamos un vídeo do noso 1º experimento. Pincha no enlace para ver o traballo realizado pola profe Cris, que se está a formar neste tipo de presentacións que enriquecen o traballo dos nosos peques.



No hay comentarios:

Publicar un comentario